Tamén levarán a pleno unha moción sobre a necesidade dun modelo eólico sostible no territorio galego
O Bng de Arteixo leva ao vindeiro pleno local, que se celebra este xoves 26 de maio, unha moción relativa á promoción do galego como lingua xurídica e administrativa na Policía Local. Propón diferentes acordos para cumprir co deber de impulsar o proceso de normalización da lingua galega. Os nacionalistas solicitan que as persoas que compoñen a Policía Local de Arteixo desenvolvan as súas actuacións oficiais, tanto orais como escritas, en galego. Sen prexuízo do respecto aos dereitos lingüísticos das persoas interesadas nos respectivos procedementos.
Tamén piden que a normativa, programas informáticos, modelos de informes, atestados e expedientes que se empreguen estean redactados en galego. A mesma petición para os documentos elaborados pola Policía Local que se dirixan a autoridades, xulgados e tribunais e organismos públicos ou privados con sede en Galiza.
Ademáis, presentarán otra moción relativa á esixencia dun modelo eólico sostible e non depredador de Galiza. No referente a Arteixo, solicita que, na medida do posible, todas as liñas de evacuación que discorran polo municipio sexan soterradas. Temén, que o Concello apoie os colectivos e a veciñanza afectados pola instalación de estruturas de aproveitamento enerxético.