Arteixo organiza o programa "Impulsa" para axudar as pequenas empresas do Concello.
O concello de Arteixo porá en marcha o mes de marzo o programa "Impulsa". Consiste nunha actividade gratuita onde os interesados aprenderán a manexar un paquete de ferramentas dixitais que os axuden na xestión diaria da empresa.
Así destacar que trátase dun programa de axuda ao emprendemento, que busca a profesionalización e revitalización do tecido empresarial local das pequenas empresas, a partir de modelos de negocio baseados no triplo balance, económico, social e ambiental e a axenda 2030 para o desenvolvemento sostible.
Ademais estrutúrase a partir de un paquete de ferramentas dixitais deseñadas para axudar na xestión do día a día das pequenas empresas. Consta de tres partes:
- Evento presencial: tres xornadas que mesturan encontro, aprendizaxe, reflexión, diálogo e moito traballo práctico. Os días 25 e 30 de marzo e 1 de abril no centro Arteixo Innovación
- Formación grupal: catro sesións que se celebrarán os días 10 e 20 de Abril e 4 e 15 de Maio. Os horarios e o formato das clases (en liña oucpresencial) decidirase entre todas as persoas participantes
- Acompañamento e seguimento de proxectos: en liña, entre o luns 27 de marzo e o venres 19 de maio de 2023
Máis información AQUÍ