Controlado o incendio forestal rexistrado na parroquia de Suevos

O incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Arteixo, parroquia de Suevos, quedou controlado ás 12,13 h. do mediodía.
Recomendaciones a la ciudadanía ante la llegada del humo de los incendios en Portugal.

O incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Arteixo, parroquia de Suevos, xa está controlado.

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Arteixo, parroquia de Suevos, quedou controlado ás 12,13 h. do mediodía. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada rolda as 20 hectáreas.

O lume iniciouse onte, 9 de agosto, ás 17,07 h. e para o seu control mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos de apoio, 13 axentes, 24 brigadas, 14 motobombas, 5 helicópteros e 2 avións.

Así, a Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085