Dende o martes 1 de outubro 50% de bonificación no peaxe nocturno

Pola suma destas bonificacións no peaxe dente o martes 1 de outubro, a Xunta deberá aboar á sociedade concesionaria en 2019, preto dun millón de euros

A Xunta comezará a aplicar na madrugada do martes 1 de outubro as bonificacións dos 50% en horario nocturno nas peaxes das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57). Serán de aplicación a todo tipo de vehículos e estarán activas de luns a domingo.

Trátase dunha nova bonificación nocturna para as

peaxes das dúas autoestradas autonómicas, que será de aplicación a partir do

próximo día 1 de outubro en todos os traxectos que discorran polas mesmas entre

as 12 da noite e as 6 da madrugada.

Estes descontos aplicaranse a todos os vehículos, lixeiros e pesados, que conten cun sistema de pago con telepeaxe. O convenio de colaboración entre a Xunta e Autoestradas de Galicia, que regula as subvencións das peaxes nas autoestradas AG-55 e AG-57, permite manter as bonificacións de peaxe para itinerarios frecuentes, de volta no mesmo día, e vese agora mellorado coas bonificacións en horario nocturno.

Nestas autoestradas de titularidade autonómica

xa se aplica dende o ano 2010 nos días hábiles unha rebaixa do 25% do importe

da viaxe de volta dun traxecto de ida e volta, que se incrementa nun 50% na

segunda e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas co uso do

Vía-T.

Estas novas bonificacións en horario nocturno son acumulables ás anteriores. Así, a modo de exemplo práctico, no caso dos vehículo de carga que aproveite a bonificación nocturna (pesado 2), o custe do traxecto de ida e volta no caso da autoestrada A Coruña-Carballo baixará de 10,20 euros sen bonificación a 4,46€, e no traxecto Vigo- Baiona, de 6,80€ a 2,97euros.

A iniciativa ten como obxectivo promover o uso

destas autoestradas en horarios nos que se atopan infrautilizadas para mellorar

a seguridade viaria. Estas infraestruturas viarias dan servizo a centros de actividade

económica como o Porto Exterior da Coruña, o polígono de Sabón e de Porto do

Molle, que se verán beneficiados por esta medida.

O departamento de Infraestruturas da Xunta, pola suma destas bonificacións no peaxe dente o martes 1 de outubro, deberá aboar á sociedade concesionaria neste ano 2019 preto dun millón de euros.