O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou en Arteixo no sorteo de premios da campaña "Mercar no teu comercio ten premio", unha iniciativa de dinamización impulsada pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio, coa colaboración neste caso da Federación de Comercio da Coruña e o centro comercial aberto da localidade.
A campaña repartiu en total 1.000€ en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio da localidade entre os clientes que mercaron en establecementos de Arteixo desde o pasado 8 de setembro e cambiaron os seus tíckets de compra por boletos de participación.
A campaña "Mercar no teu comercio ten premio" busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade a iniciativa, que comezou o pasado mes de xullo, chegará ata novembro a un total de 35 localidades galegas, sete delas na provincia da Coruña.