O Museo Mar de Sorrizo listo para abrir cara ao público

A inauguración será hoxe, 11 de junio, ás 19:00 e poderá visitarse a partir da próxima semana.
O biólogo e fotógrafo Anxo Cao xunto ao alcalde de Arteixo no Museo Mar de Sorrizo.
photo_camera O biólogo e fotógrafo Anxo Cao xunto ao alcalde de Arteixo no Museo Mar de Sorrizo.

Ás 11 da mañá do martes 11 de xuño, o alcalde de Arteixo fixo unha visita ao Museo Mar de Sorrizo.

Ás 11 da mañá do martes 11 de xuño, o alcalde de Arteixo fixo unha visita ao Museo Mar de Sorrizo, onde explicou que o proxecto chegou ao seu fin. O Museo xa está listo para abrir cara ao público.

O Museo está construído nun terreo de 300 mil m2 e o prezo da reforma total foi duns 500 mil euros. 

Trátase dunha boa maneira de coñecer o que a vida mariña pode contar.

Exposición

A exposición do Museo recorrerá fotografías que mostrarán a beleza da vida somerxida no océano Atlántico.

Fotografías que revelan os detalles de criaturas poucas veces vistas. Especies que permanecen baixo a superficie toda a súa vida, como o xigante peixe lúa, ou os fascinantes cachalotes, que apenas chegan a respirar por riba das ondas durante uns minutos, antes de somerxerse de novo a máis de 1.000 metros en busca de luras xigantes para comer.

Un total de 23 fotografías que responden ao traballo de moitos meses no mar. Todas elas, excepto unha, foron sacadas nas Illas Azores.

Obradoiros e actividades

A intención é que haiga diferentes obradoiros e actividades pola zona da costa, relacionados coa vida mariña. Para todo tipo de público. Xa irán informando.

Anxo Cao

As fotografías expostas no Museo Mar de Sorrizo foron realizadas por Anxo Cao, nado en San Ciprián, acaba os seus estudos de bioloxía nas illas Azores. Alí comeza a traballar como biólogo e fotógrafo en saídas de avistamento de cetáceos.

Sendo dunha vila e unha familia que sempre estivo ligada ao mar, a fotografía da vida mariña centra gran parte do seu traballo, especialmente, a megafauna, o que inclúe aos cetáceos e aos grandes peixes como as quenllas.

Nos últimos anos a fotografía subacuática cobrou importancia, podendo ter encontros cos maiores animais mariños do mundo, no seu propio medio

Museo Mar de Sorrizo.
Museo Mar de Sorrizo.

.