El Gobierno local de Arteixo consolida a instalación dos puntos violeta antiacoso durante os eventos festivos no Concello e sigue deste xeito traballando a prol da prevención da violencia de xénero coa instalación de puntos violeta antiacoso durante os grandes eventos festivos no municipio.
A experiencia dos puntos violeta comezou durante as pasadas edicións da Feira Histórica 1900 e agora repetiuse durante as festas do Santiago Apóstol celebradas neste mes de xullo.
A concellaría de Igualdade, dirixida por Inés Ramos, aposta por consolidar este recurso co fin de sensibilizar e informar contra as agresións sexistas nas festas e na sociedade en xeral.
O punto violeta antiacoso ofrece información, materiais divulgativos e con ocasión das festas do Apóstolo 2019, unha camiseta co lema "Arteixo por unhas festas libres de agresións sexistas".