A Xunta aproba os proxectos para mellorar paradas de autobús.
Neste sentido, o Consello da Xunta de Galicia, ven de aprobar os proxectos para mellorar 106 paradas de autobús. As paradas están nas estrada autonómicas de acceso á Coruña e a Lugo. Dicir que a inversión é de 3.14 millóns de euros.
Ademais os proxectos construtivos foron entregados para a súa supervisión. Así que a previsión da Xunta é convocar o levantamento de actas previas do procedemento expropiatorio no segundo trimestre de 2023. Tamén licitar as obras a finais deste mes de marzo.
Aclarar que estas intervencións enmárcanse no Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas. co Desde a Xunta ten previsto investir arredor de 35 M€ para a mellora de 1.100 paradas en toda Galicia.
No que se refire ao proxecto relativo á zona oeste de acceso á cidade Coruña, este abrangue actuacións en 55 paradas situadas en 6 estradas ao paso por 7 concellos das comarcas da Coruña e de Bergantiños. O investimento é de máis de 1,27 M€.
Estradas autonómicas
As paradas que se van mellorar están situadas nas estradas AC-400, AC-413, AC-414, AC-418, AC-424 e AC-552.
En concreto, no concello de Arteixo, melloraranse 26 paradas; na Coruña 3; en Culleredo 12; en Carballo 9; en Cerceda 2; en Malpica 1 e en Ponteceso 2.
Tamén como resultado do procedemento de información pública, incorpóranse dúas novas paradas propostas polo Concello de Arteixo, ambas as dúas situadas en dominio públiviario na AC-552.
Por outro lado se retiran do proxecto varias paradas nas que o Concello de Arteixo xa ten previsto actuar con plans e programas municipais en marcha; e realízanse axustes nos deseños das paradas, a petición do Concello de Arteixo e do Concello da Coruña.
As intervencións previstas consistirán:
- acondicionamento dos carrís para a parada do autobús
- mellora da accesibilidade pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas
- instalación de novas marquesiñas ou a colocación de varandas para protexer aos usuarios onde haxa desniveis
Estes proxectos están financiados ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea–Next Generation EU e enmárcase no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente.