Galicia ten, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade, 5.342 casos de coronavirus.
Tamén informa que deles:
- 1.071 son da área da Coruña,
- 563 da de Lugo,
- 992 da de Ourense,
- 457 da de Pontevedra,
- 1.081 da área de Vigo,
- 871 da d Santiago,
- e 307 da de Ferrol.
Ademais comunica que do total de pacientes positivos: 168 permanecen en UCI, 939 están en unidades de hospitalización e 4.235 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 610 altas de pacientes e 199 falecementos.
Do mesmo modo, o número de PCR realizadas é de 30.002 a data 6 de abril.
Todo o orzamento da Xunta a disposición da Saúde
Por outra banda, na conferencia de presidentes e Goberno cetral, Alberto Núñez Feijóo, destacou que todo o orzamento da Xunta está a disposición da saúde.
Tamén pediu ao Goberno de España que restitúa os fondos para o emprego retirados ás comunidades.
Ademais Feijóo considera clave seguir cos test para detectar todos os casos posibles no menor tempo posible.
Por outra banda, Feijóo reiterou a importancia de coñecer os estudos epidemiolóxicos validados polo Ministerio
Tamén a previsión da entrega de material sanitario por parte do Executivo central.
Así, ata o de agora só o 10% do material empregado nas autonomías procede do Goberno central
Por exemplo, no tocante a unha posible recomendación aos cidadáns do uso de mascarillas, Feijóo interesouse na reunión do Executivo central coas administracións autonómicas, por coñecer cal é a previsión do Goberno.
Por eso, expoñeu a necesidade de ditar un protocolo para todo o país, co fin de contar cun criterio unificado.
Ademais transmitiu o interese de Galicia pola realización de estudos epidemiolóxicos en xente sa. E que se faga mediante unhas ponderacións uniformes para todo o territorio.
Tamén reclamou un método a seguir para, ata que non exista unha vacina, axudar a cada cidadán a ter información e coñecemento do seu estado de saúde.
Así mesmo, insistiu na importancia de establecer criterios unificados á hora de compartir os datos para non xerar confusións.
Medidas económicas
Ante a decisión do Goberno de prolongar o estado de alarma, o Presidente galego expresou o seu respecto e o apoio de Galicia a esta medida.
Sobre este punto, resaltou a importancia de establecer un equilibrio entre a protección da saúde das persoas máis vulnerables e o inicio pautado, seguro e estable da actividade económica.
Tamén Feijóo aproveitou para pedir a todas as empresas que volverán ao traballo a partir do 13 de abril que o fagan extremando as medidas de seguridade, de hixiene e de preservación da saúde do traballadores.
Ademais o titular da Xunta lamentou que o Goberno de España retirase de xeito unilateral ás comunidades os fondos das políticas de emprego.
A Xunta pide ao Goberno central que volva minor o plan de vivenda
Na mesma liña dixo que “Pedimos ao presidente do Goberno central que deixe esta decisión sen efecto”. Neste sentido referiuse no caso de Galicia, aos 100 millóns de euros para políticas activas de emprego no eido do naval, da automoción ou do forestal.
Do mesmo modo, o responsable galego pediu que non se volva minorar o plan de vivenda que teñen asinado as comunidades, para financiar decisións do Goberno central.
Feijóo incidiu no esforzo que desde as comunidades se está a facer para seguir financiando o incremento exponencial: do gasto sanitario, o incremento do gasto social e as políticas de liquidez
Despois de eso, Feijóo propuxo tamén ao Goberno central axilizar ao máximo o cobro dos ERTE por parte dos afectados.
Tamén que se axelicen as devolucións do IVE de períodos anteriores á declaración do estado de alarma.
E para rematar, sobre este segundo punto, subliñou que esta medida permitiría dar liquidez ás empresas galegas por un importe estimado de 400 millóns de euros.