Trátase do film finalista á mellor largometraxe dos Premios Mestre Mateo titulado "Cuñados"
Este venres 23 de setembro proxectarase "Cuñados", película finalista dos Premios Mestre Mateo. Horario: 20:30 horas no Auditorio do CCC de Arteixo. Está dirixida por Toño López e protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños, Mela Casal e Manuel Cortés. Entrada con invitación que pódese recoller na billeteira do Centro Cívico unha hora antes do comezo da sesión.
Sinopse
Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un euro polo seu cuñado. Así a todo, é o propio Modesto quien urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.