Consideran necesario proxectar a instalación de beirarrúas nesa avenida pola seguridade dos peóns
O Psoe de Arteixo presentará unha moción no pleno de marzo para instar ao goberno local a tomar medidas urxentes para garantir a seguridade viaria dos peóns que transitan pola Avenida de Nostián. A proposta é proxectar a instalación de beirarrúas ao tempo que solicitan que contacte co goberno da Coruña para retomar a negociación dun deslinde necesario.
Ademáis, os socialistas inciden nos problemas no abastecemento e saneamento de augas ou na xestión do lixo nun vial que non está claramente definido se pertence ao concello de Arteixo ou da Coruña.
A voceira do grupo e candidata á alcaldía, Patricia Boedo, suliña que a veciñanza da zona se puxo en contacto cos socialistas preocupados pola seguridade viaria. Nesa reunión entregaron un escrito acompañado de sinaturas dos afectados e fotos que datan de maio do 2019. Piden a instalación de sinalización dos límites de velocidade, de badenes redutores da velocidade e tamén o estudo da instalación de beirarrúas para a mobilidade dos usuarios desta avenida.