Hoxe Venres Santo, a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade informa que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.631.
Por áreas os datos son: 1.151 son da área da Coruña, 571 da de Lugo, 1.082 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 1.074 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 321 da de Ferrol.
Ademais do total de pacientes positivos este Venres Santo, 149 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 4.716 no domicilio. En Galicia rexistráronse 997 altas de pacientes e 318 falecementos. O número de PCR realizadas é de 39.432.
A Central de Coordinación de Emerxencias Sanitarias de Galicia atendeu dende o inicio da pandemia un total de 195.041 chamadas.
Deste total, 47.481 chamadas foron por temas relacionados co Covid-19.
Pola súa banda, o servizo de call center (900 400 116) que facilita información sobre os síntomas do COVID-19 recibiu dende o 17 marzo (día no que se iniciou) un total de 65.053 chamadas. E o número máximo de chamadas contestadas na liña 900 foi o 20 de marzo, cando se atenderon 6.474.
Y a Central de Coordinación realizou un total de 3.310 traslados en ambulancia a pacientes por motivos relacionados por infección por coronavirus.
Reforzos de persoal no 061
Noutro senso, a Fundación do 061 reforzou o seu persoal da Central de Coordinación. Por ende o obxetivo é garantir que a asistencia sanitaria ás urxencias e ás emerxencias que se produzan sexa axeitada durante esta situación.
Así, reforzouse as presencias por quenda dos profesionais médicos coordinadores: pasando dun máximo de 8 profesionais por quenda que había antes da pandemia ata un máximo de 13 no momento actual.
Así mesmo, os teleoperadores pasaron dun maximo de 11 por quenda ata acadar os 19 profesionais en cada quenda. Ademáis, engádense a presencia de máis teleoperadores en momentos puntuais que acodiron de forma voluntaria.
Por exemplo, con respecto da liña de chamadas gratuítas 900 400 116, iniciada o día 17 de marzo, a presencia de teleoperadores varía adaptándose á concentración de horas. Chegaron a estar 100 teleoperadores ao mesmo tempo nas horas de máxima concentracción de chamadas. O horario é das 8h ás 24 horas. Y é a Central de Coordinación 061 quen asume as chamadas fora de estas horas.
Reforzo da rede de ambulancias
O 061 tamén reforzou a rede de transporte sanitario urxente de Galicia. O fixo con ambulancias específicas para traslado de pacientes sospeitosos ou confirmados de infección por Covid- 19 nas áreas nas que a demanda de traslados é maior. O número de ambulancias coas que se reforza varía segundo esta demanda
Venres Santo datos Ministerio Sanidad
Según datos do Ministerio de Sanidad, a situación o venres 10 de abril, ás 11'30 é a seguinte: