A Gripe e unha enfermidade vírica, leve na maioría do casos que pode cursar síntomas como: febre igual o maior a 38º C nas fases iniciais así con malestar xeral, dor de garganta, tose, cefalea, dores musculares xeneralizados, conxestión nasal, esbirros, vómitos e diarrea.
Un dos problemas principais e á súa rápida expansión, por
iso a necesidade de recordar e insistir nas medidas adicionais e na hixiene de
mans entre profesionais e acompañantes.
O contaxio é de persoa a persoa a través das gotiñas de saliva e secrecións nasais que se expulsan ao falar, tusir ou esbirrar, e tamén de forma indirecta, ao tocar algún obxecto que estea contaminado co virus da gripe.
O Plan de continxencia para a gripoe da área sanitaria de A Coruña e Cee foi elaborado de xeito multidisciplinar polos distintos servizos clínicos implicados no manexo desta enfermidade vírica, como medicina preventiva, microbioloxía, medicina interna, neumoloxía, urxencias e admisión, ademáis dos responsables dos centros de Atención Primaria e dos PAC´s da Área Sanitaria
Ampliase o plazo de vacunación da gripe durante o mes de xaneiro.
Novidades 2019
O ano 2019, como xa se fixo na campaña anterior, empezouse a vacinar ao persoal sanitario uns días antes de que se iniciase a campaña da vacinación para a poboación en xeral.
Promocionouse a vacinación entre os doentes ingresados pertencentes a poboación diana d vacinación, e dende os servizos de Atención Primaria, así como dende os Puntos de Atenció Continuada (PAC) realizouse unha sensibilización para o manexo da gripe non complicada no domicilio.
Púxose en marcha un sistema de notificación coa cidadanía a través dos SMS para promocionar a vacinación, ase mesmo, o persoal de enfermería realizou chamadas telefónicas ás persoas que forman parte da poboación diana que nos últimos anos non se vacinaron.
Ademais abríronse as axendas do persoal de enfermería e das matronas dende o día en que comezou a campaña que prolongase durante todo o mes de xaneiro, con actos específicos sobre a vacinación da gripe.
En total, a poboación da Area Sanitaria de A Coruña vacinada foi de 248.857 persoas; 18.424 persoas mais co ano anterior. Un total de 164.255 persoas, eran maiores de 65 anos, un total de 8.114 persoas mais co ano anterior. O que significa que un 60,18 % está cuberta. En canto o persoal sanitario, en Atención Primaria vacináronse 5.233, en Atención Hospitalaria 12.144; 531 profesionais en primaria e 2.319 en Atención Hospitalaria mais co ano anterior. En canto a mulleres embarazadas vacináronse 1.681, e no ano 2018 o fixeran 1.464, sendo este ano 217 mulleres mais co ano anterior.
En caso de sospeita, priorízanse as probas complementarias pre-alta dos pacientes (probasradiolóxicas, sintrom, etc.) co fin de que a alta efectiva poida ser realizada no menor tempo posible, e así axeitar os circuítos do Servizo de Urxencias en situación de abrocho epidémico.