Preto de 75.000 escolares de 1º e 2º da ESO levan participando, dende que comezou a súa posta en marcha no ano 2002, no programa de prevención do tabaquismo da Consellería de Sanidade, Clases sen Fume.
Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no acto de entrega dos premios de Clases sen Fume 2021-2022. En concreto, participaron nesta edición 1.600 escolares de 78 aulas, procedentes de 34 centros diferentes de toda Galicia. Trátase dunha iniciativa que organiza o departamento sanitario galego, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Educación.
O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, entregaron os galardóns aos centros premiados no concurso de 2021-2022. Na súa intervención, o conselleiro salientou o traballo realizado, froito do magnífico labor en equipo entre alumnos e titores e o cumprimento do compromiso dos alumnos de non fumar. Así mesmo, agradeceu a implicación do profesorado é á Consellería de Educación a súa colaboración.
Daddy is my Name Bodybuilding is my Game Daddy Bodybuilder Shirt kia bodybuilder bodybuilding steroid stacks for mass, clenbuterol fiyatHábitos de vida saudables
Para a Consellería de Sanidade, a promoción de hábitos de vida saudables é unha das liñas estratéxicas e dous ámbitos ocupan a atención, unha mocidade sen adiccións e achegarse cada vez máis a unha Galicia sen fume, dixo García Comesaña. Tamén destacou a posta en marcha da Rede Galega de Praias sen Fume, que inclúe obxectivos propostos nesta campaña da Organización Mundial da Saúde, como son promover unha vida sen tabaco e a protección do medio ambiente.
Na edición deste ano resultou premiado, na categoría “Clase sen fume” o curso 1º B do CPR Compañía de María de Vigo. No apartado do mellor slogan, o premio foi para 2º A do CPR Sagrado Corazón de Celanova (Escanéate de vida). No referido á actividade creativa, o premio foi para 1ºA do IES A Sangriña de A Guarda (“Estamos aquí para ti”).
Así mesmo, entregáronse seis accésit que recaeron nos centros, IES Illa de Sarón, de Xove; IES Monte Castelo, de Burela; IES O Couto, de Ourense; IES Politécnico de Vigo; CPR Niño Jesús de Praga, Vigo; e IES Miraflores de Oleiros.
Concurso Educativo
Clases sen Fume é un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, e está dirixido a escolares de 1º e 2º da ESO, é dicir, de 12 a 14 anos, a idade na que se dan os primeiros contactos con tabaco. Ao longo de seis meses, os estudantes e o seu titor traballaron en distintas actividades para coñecer, por eles mesmos, os beneficios que conleva non iniciarse no consumo do tabaco.
O obxectivo principal do programa é evitar o inicio do consumo de tabaco na adolescencia e coñecer os riscos para a saúde do tabaquismo pasivo. Ademais, potenciar a autoeficacia e habilidades dos escolares para manterse como non fumadores, reforzando á vez as accións preventivas sobre o tabaquismo realizadas previamente na aula. Os gañadores dos premios poderán desfrutar de programas multiaventuras de cinco días no complexo xuvenil de Gandarío; e unha xornada no Aquapark de Cerceda, así como material de recordo do programa (bolsas e mochilas) como recompensa ao esforzo realizado. Para os premios, contouse coa colaboración do Concello de Cerceda e de Monbús.