Os vindeiros 13-14 de Maio ASEIA celebrará as VIII Xornadas de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia baixo o título "O futuro da saúde emocional na infancia e adolescencia"
Para facilitar o seguimento e participación nas xornadas mantendranse a modalidade presencial e virtual. O programa está dirixido tanto a profesionais do eido da clínica, da educación e do social que traballan con infancia e adolescencia, asi como a nais, país e adolescentes.
O evento terá prazas limitadas, no que haberá un prazo de inscripción reducida.
Contarase un ano máis con relatores entre os que destacamos:
- Eurídice Cabañes. Doutora en Filosofía da tecnoloxía. Codirectora de Arsgames.
- Oriol Rosell. Docente e investigador independente especializado en subculturas xuvenís.
- Jerónimo Bellido Pérez: Psicólogo Clínico, Sociólogo e Director do Instituto Wilhelm Reich-Europa. Psicoterapeuta de orientación Reichiana. Vexetoterapeuta.
- Nuria Tría. Doutora en Antropoloxía Social. Autora do libro "Etnografía de la hiperactividad".
- Jesica Rodríguez Czaplicki. Psicóloga Sanitaria especializada en Psicoloxía Perinatal. Presidenta da Asociación Española de Psicología Perinatal.
- Representantes de AGAMPI (Asociación Galega de Mestras e Mestres pola Inclusión)
- Ricardo Fandiño Pascual. Psicólogo Clínico. Doutor pola Universidade de Vigo. Profesor colaborador da UOC. Co-autor do libro "Ser adolescente en la modernidad ¿transición o destino?”
- Vanessa Rodríguez Pousada. Psicóloga, Psicopedagoga e Sexóloga. Profesora colaboradora na UOC. Co-autora do libro "Ser adolescente en la modernidad ¿transición o destino?”Espérase poder contar coa vosa asistencia.
Para máis información e inscripcións podedes poñervos en contacto con [email protected].