Saúde emocional, imprevisibilidad e desesperanza

As Xornadas sobre Saúde emocional celébranse en Vigo
photo_camera As Xornadas sobre Saúde emocional celébranse en Vigo

Os días 2 e 3 de outubro de 2020 ASEIA celebra en Vigo as VV Xorndas de Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia baixo o título "Infancia e a Adolescencia Hoxe: Historias de Vida".

Neste contexto, o programa sobre saúde emocional está dirixido tanto a profesionais da clínica, a educación e o social que traballan con infancia e adolescencia, como a nais e pais.

Tamén destacar entre os relatores a:

  • Joseph Knobel Freud: Director da Clínica Psicanalítica con Nenos e Adolescentes de Barcelona, sobriño-neto de Sigmund Freud, e un dos conferenciantes sobre infancia e adolescencia máis demandados en España e América. Autor dos libros "El reto de ser padres", "Mi hijo es un adolescente" e "Ideas para padres en apuros".
  • Jordi Planella Ribera: Catedrático de Pedagoxía Social da Universitat Oberta de Catalunya. Autor dos libros "Acompañamiento social", "Cuerpo Cultura y Educación" y "Pedagogías Sensibles", entre outros
  • Jerónimo Bellido Pérez: Psicólogo Clínico, Sociólogo e director del Instituto Wilhelm Reich - Europa.
  • Ricardo Fandiño Pascual: Psicólogo Clínico e Presidente de ASEIA. Co-Autor de "La lucha sexual de los adolescentes en la hipermodernidad"
  • Vanessa Rodríguez Pousada: Profesora Colaboradora da Universitat-Oberta de Catalunya e vicepresidenta da Sociedade Galega de Sexoloxía. Co-autora de "La lucha sexual de los adolescentes en la hipermodernidad"

xornadas-2020-cambios-setembro-on-line_1.PNG

xornadas-2020-cambios-setembro-on-line_2.PNG

Ademais segundo apunta o Presidente de ASEIA, Ricardo Fandiño, "As consecuencias emocionais da pandemia que estamos a vivir están fundamentalmente ligadas aos factores de imprevisibilidad e desesperanza. Ambos afectan dunha maneira moi especial a nenos e adolescentes, así como aos seus coidadores. É por iso que necesitamos manter abertos, máis que nunca, canles de comunicación e reflexió conxunta entre os profesionais que nos adicamos ao traballo en saúde mental infanto- xuvenil e a sociedade".

Más en Salud y Medicina Hoy