Paula Otero, acadou 8 medallas e mínimas para os Campionatos de Europa e do Mundo en Málaga

Os deportistas de CNA Paula Otero, Alba Gómez, Miguel Ángel Gómez e Mateo García, estuvieron en Málaga del 9 al 13 de abril
Campeonato de Natación en Torremolinos, Málaga, abril 2022
photo_camera Miguel Ángel, Mateo, Alba y Paula no campionato clebrado en Málaga

También compitieron en Torremolinos, Málaga, los deportistas del CNA Alba Gómez, Miguel Ángel Gómez e Mateo García

Catro deportistas do Club Natación Arteixo participaron do Campionato de España Open e Junior celebrado esta semana en Torremolinos, Málaga. Os resultados máis salientables son os da nadadora Paula Otero, que acadou 8 medallas e mínimas para os Campionatos de Europa e do Mundo de categoría absoluta na proba de 800 libre. Además, esta edición deixou moi bo sabor de boca dos participantes do CNA, Miguel Ángel Gómez, Mateo García e Alba Gómez.

Para empezar e a modo de resumen volvemos con un gran ambiente competitivo, moitas MMP e a actuación especial de Paula Otero que acadou unha mínima de Campionato de Europa, unha mínima de Campionato do Mundo e un total de oito medallas.

O Campionato celebrouse do sábado 9 ata o mércores 13. Alí, Paula, acadou o seu resultado máis destacado o primeiro día coa proba de 800 libre, na que se proclamou campiona de España de categorías absoluta e absoluta moza. Ademáis, coa marca que realizou clasificouse para os Campionatos de Europa e do Mundo Absolutos. A nadadora, tamén, foi finalista en todas as probas nas que participou 1500, 200 e 400 libre e 200 bolboreta. Paula acadou un total de oito medallas, un ouro e tres bronces en categoría absoluta, e dous ouros, unha prata e un bronce en categoría absoluta moza. "Esta competición era moi importante e de gran presión para esta nadadora, situación que lonxe de ser un impedimento, manexou de forma moi positiva", explica Lucía Leiro, entrenadora do club arteixán.

Alba, Miguel Ángel y Mateo

Pola súa parte, Alba Gómez, ven de recuperarse duha grave lesión de rodilla que a mantivo apartada da competición dende o mes de xullo. Retomou a actividade na Copa Senior, hai só un mes e medio. En Málaga, participou en catro probas, con bos resultados, xa que se vai acercando cada vez máis as súas marcas. Así mesmo, refrendou mínimas para volver a nadar a este nivel de Campionato de España. Os postos acadados foron os seguintes: 15ª en 200 libre, participando na Final B, 31º en 100 libre, 29º en 400 libre e 45º en 50 bolboreta.

Miguel Ángel Gómez, de 18 anos, nadou o último día a proba de 200 braza, nadando cerca da súa MMP, e acadando o posto 40º total e 8º absoluto mozo. E, o nadador máis xoven da delegación arteixana foi Mateo García, de categoría junior. Se estreou en Torremolinos neste tipo de citas  participando en catro probas e rebaixando as súas mellores marcas en todas. Acadou os seguintes postos: 12º en categoría junior e 6º do 2005 en 1500 libre, 26º e 6º en 200 libre, 8º e 5º en 800 libre, 12º e 7º en 400 libre.

Paola Otero participou 1500, 200 e 400 libre e 200 bolboreta no campionto celebrado en Málaga