A semana pasada celebrouse o Campionato de España Open Absoluto e Campionato de España Junior en Palma de Mallorca
O Club Natación Arteixo brillou en Palma de Mallorca coa participación de seis deportistas que acadaron grandes resultados:
- tres mínimas internacionais de consideración
- nove medallas (seis ouros, dúas pratas e un bronce)
- dúas Mellores Marcas Galegas de Idade
- nove finais
- e moitas Mellores Marcas Persoais
Na Piscina de Son Hugo, magnífica instalación onde se celebrou este campionato, escoitiuse moito o nome do club arteixán. Comezó con Paula Otero, nadadora pertencente ó Equipo Nacional que adestra esta tempada no CAR de Sant Cugat. Paula foi Campiona de España absoluta e absoluta moza nas probas de 1500 e 400 libre, e bronce absoluto e prata absoluta moza en 800 libre. Nestas tres probas acadou marcas de consideración para ter a posibilidade de formar parte do Equipo que represente a España nas vindeiras citas internacionais da tempada, o Campionato do Mundo de Fukuoka, e o Europeo Sub 23.
Durante a celebración do Campionato a Rfen fixo entrega de diversos premios ó mérito deportivo. Un deles foille entregado a Paula de mans do Presidente da Federación, a Medalla de Bronce de Servicios Distinguidos, facendo referencia ós seus resultados internacionais destacados durante a tempada pasada.
O outro nadador do Arteixo en subirse o pódium foi o xoven Mateo García Castro. Proclamouse Campión de España Junior nas probas de 1500 e 800 libre, e Subcampión de España en 400 libre. Destacamos tamén que este nadador bateu as Mellores Marcas Galegas de 18 anos en 800 libre e 400 libre, esta ultima dúas veces, nas eliminatorias e na final en plena loita pola medalla de prata.
Máis destacados
A nadadora de Categoría Absoluta Alba Gómez, tamén destacou cos seus 3 postos de finalista nas probas de 100, 200 e 400 libre. Quedando así entre as 16 mellores nadadoras a nivel nacional, participando ademáis nas probas de 50 libre, 50 e 100 bolboreta.
Tamén asistiron, acadando Mellores Marcas Persoais, Miguel Ángel Gómez, de categoría absoluta moza, nadando 50, 200 braza, e 50 costas; Eva Sánchez, de categoría junior, con 50, 100 e 200 costas; e Manuel Varela, que participou na proba de 50 costas.
O Natación Arteixo foi o club galego con máis presencia neste importante Campionato, con un total de seis nadadores, que ademáis obtiveron moi bos resultados. Como equipo acaban de conseguir entrar no primeiro posto polo ascenso a División de Honra na Liga Galega de Clubs. Os datos identifican a este Club como un dos equipos de referencia da Comarca coruñesa.