Corte programado en Sabón no fin de semana

A concentración dos traballos na fin de semana no polígono de Sabón, Arteixo, trata de minimizar a afección aos usuarios das vías
Plano nos tramos do cortes no polígono industrial de Sabón
photo_camera Plano nos tramos do cortes no polígono industrial de Sabón

A ampliación da Avenida da Deputación obriga a un corte diúrno no polígono de Sabón

As obras de ampliación da avenida da Deputación, no polígono industrial de Sabón, obrigarán a realizar un corte de tráfico. Será no acceso ao polígono e a avenida da Moda entre ás 08:00 e as 20:00 horas tanto o sábado día 19 como o domingo 20. Os desvíos estarán debidamente sinalizados e balizados.

Lembramos que a concentración dos traballos na fin de semana trata de minimizar a afección aos usuarios e ao polígono. Ademáis, permite maior axilidade á propia obra. Con esta programación, redúcese a dous días a afección con respecto ao que suporía realizar esta intervención co tráfico aberto. Deste xeito suporía estender os traballos aproximadamente durante 10 días. Así mesmo, na fin de semana evitase as retencións de acceso ao polígono durante as xornadas laborais. Ademais mellóranse as condicións de seguridade dos traballos e dos condutores.

Investimento de máis de 6,3M€

O pasado 11 de xaneiro comezaron estas obras de ampliación da capacidade e humanización da avenida da Deputación no polígono de Sabón. A data prevista de remate das obras é o verán do vindeiro ano, se ben se executan procurando acurtar en todo o posible os prazos. Con esta intervención integral, que supón un investimento de máis de 6,3 millóns de euros, perséguese solucionar os problemas de fluidez do tráfico.

Os traballos desenvólvense no marco dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, que financia e executa as obras, e o Concello de Arteixo, que pon á disposición os terreos necesarios e manterá a actuación, unha vez rematada. O proxecto consiste no desdobramento dos carrís da avenida da Deputación, que pasará a ter 4 carrís en todo o trazado, entre a glorieta elevada de Sabón e a da avenida da Enerxía, onde se atopa a ITV.

Plano do corte de vías no polígono de Sabón, Arteixo