Viaxes gratis no autobús interurbano

Mil mozos de 19 e 20 anos xa se fixeron beneficiarios nesta primeira semana da tarxeta ‘Xente Nova’, que permite realizar viaxes gratis
Arteixo. A Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisará a instalación dunha nova marquesiña no marco do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos de transporte público. 
07/01/2020
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
photo_camera Arteixo. A Coruña A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisará a instalación dunha nova marquesiña no marco do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos de transporte público. 07/01/2020 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou o Concello de Arteixo, onde salientou que uns 1.000 mozos de 19 e 20 anos xa se fixeron beneficiarios nesta primeira semana de 2020 da tarxeta ‘Xente Nova’, que permite realizar viaxes gratis no autobús interurbano.

Ademáis, Vázquez Mourelle avanzou estes datos na supervisión da marquesiña instalada en Vilarrodís, Arteixo, no marco do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte, que prevé colocar 150 novas instalacións na comunidade, cunhas 30 xa en servizo.

Destacou que o Goberno galego segue avanzando con intensidade no proceso de renovación do mapa de liñas de autobús interurbano a través do novo Plan de Transporte Público de Galicia, que estará culminado neste ano 2020.Concretou que o plan estenderá o uso e as vantaxes da tarxeta Xente Nova, que posibilita as viaxes de balde aos menores de 21 anos, a toda a comunidade ata cubrir o 100% das liñas de autobús da Xunta.

Asemesmo, lembrou que dende o pasado 1 de xaneiro xa é efectiva a ampliación do uso deste dispositivo e das súas vantaxes ata os menores de 21 anos, permitindo que se beneficien milleiros de mozos máis. Fixo fincapé en que esta iniciativa, dende que se puxo en marcha, xa permitiu que 55.000 mozos de toda Galicia –uns 8.000 na área da Coruña e máis de 1.800 en Arteixo- se teñen beneficiado do transporte gratuíto en autobús.

Economía familiar

Pola sua parte, o Goberno galego investirá este ano máis de 2,6 M€ neste programa social que busca contribuír á economía das familias, facilitar o acceso á formación non obrigatoria e fomentar o uso do transporte público e dunha mobilidade sustentable e respectuosa co medio.

A conselleira concluíu que a Xunta está a traballar arreo para ofrecerlles aos cidadáns máis e mellores servizos de transporte, viaxes gratis e promover un sistema máis eficiente que dea resposta ás necesidades reais dos galegos do século XXI.