A charla baixo o nome "descubrir disciplina positiva" terá lugar o próximo 2 de Maio dende as 17:00 ata as 18:30 horas na Aula da Natureza.
Esta actividade organizada polo Departamento de educación será impartida pola psicóloga Bibiana Infante, fundadora e directora de Disciplina Positiva Galicia. A metodoloxía da "disciplina positiva", basease nunha educación no respeto e a igualdade da Infancia. Así, a psicóloga explicará dita metodoloxía e no obradoiro centrarase na explicación de ferramentas aplicables dentro do contexto familiar e escolar que permitan desenvolver nas nenas e nos nenos: alta autoestima, respeto mutuo, independencia, cooperación, resolución de conflitos e auto-control entre outros. E todo isto como unha base sólida para preparar a fillas e fillos para a vida.
A actividade será gratuita e está aberta a todos os públicos, sendo necesaria inscripción previa.