(Miriam Cancela / Meicende) O ciberodio é unha realidade cada vez máis preocupante na nosa sociedade. O anonimato e a posibilidade de propagarse rápidamente converten a rede nun espazo no que crece o discurso do odio. A ONG Ecos do Sur, coa colaboración do concello de Arteixo, organizou o pasado día 26 unha xornada para abordar esta problemática e afondar na creación de discursos alternativos.
Analizamos con Leila Nachawati, profesora de comunicación, experta en Dereitos Humanos e Oriente medio, as causas deste odio na sociedade.
P- A qué tipo de violencia nos enfrontamos na rede?
R- Teríamos que abordalodende a incitación ao odio, o hatespeech. O efecto multiplicador das redes sociais fai que algo que non veíamos de forma tan explícita estea máis presente e propagado. Pero ata que punto podemos falar de inictación ao odio ou simple insulto. Hai que ver a relación entre o feito de falar, esa expresión racista, homófoba, misóxina e se teñen impacto na vida e na integridade física da persoa. Non é algo evidente e menos se o medimos en diferentes contextos sociai ou políticos. O que é incitación ao odio aquí será moi diferente en Exipto, Arabia Saudí ou Estados Unidos. Cuestións relacionadas coa orientación sexual dependerá do estadio en que estea esa sociedad para considerarse acoso, violencia, incitación ao odio ou non. Ademáis, as plataformas como Facebook exercen cada vez máis como unha especie de policía ou incluso como unha especie de forma de goberno. Nós non os votamos como representantes pero ao final é Facebook o que decide si esta expresión se bloquea, se considera nociva ou non. Delegamos de maneira incosnciente do que é adecuado ou non a plataformas que teñen os seus propios intereses económicos.
P- Se o trasladamos á comunicación, que é o que se está a facer mal?
R- A educación en valores é todo. Non hai un botón co que piodamos configurar cando é adecuado ou non un comportamento. É algo que temos que madurar, desenrolar e que no ámbito da comunicación ten moito que ver con elaborar o teu propio criterio de cando algo é creible ou de cando unhafonte é fiable ou non. Ter as túas propias redes de referentes, expertos e xente de confianza. Traballar xerando redes e comunidades é a clave para protexerse e xerar un discurso diferente fronte a narrativas moi perniciosas.
P- Se falamos da rúa, vese un aumento da xenofobia?
R- Non sei se en termos absolutos se pode afirmar. As realidades sociais están cambiando. Se non hai inmigración, refuxiados ou diversidade sexual, non hai que afrontar o problema porque non está. Vivimos como refuxiados de guerra que están en situación de conflitos terribles como Siria, Yemen ou Afganistán e non acabamos de entender de que fuxen. Haiunha desconexión entre as consecuencias e as causas e teñen moita culpa os medios de comunicación de masas. Se non entendemos esa realidade, a solidariedade non se da.
P- Respecto da cultura árabe, por que se creou unhaimaxe tan estereotipada?
R- É curiosio porque non están lonxe, son veciños pero sentimos máis conexión con outros contextos máis lonxanos. Se no Mediterráneo, o Surestá cada vez peor o Norte tampouco vai progresar. Históricamente, no contexto español a presencia musulmana foi fortísima e tivo un enraizamento en todos os ámbitos. Todos somos unha especie de produto resultante desa mezcla pero houbo unha narrativa moi potente do musulman e o árabe como o outro. Outro que ven doutro contexto e insertouse aí como un corpo extrano e logo botámolo. Esa narrativa de conquista-reconquista. Cando falas de reconquista adoptas a mirada do que bota ao outro. Pero iso non foron catro días, foron sete séculos, había tensións internas pero non había esa cousa de nós e eles. Dirimir despois de sete séculos de convivencia non era posible. A narrativa dominante é a da presencia católica e que só houbo un pequeno paréntesis. Iso fai que non vexamos ata que punto somos producto diso e vemos ao outro como un axente doutro mundo, con tendencia a violencia, a barbarie e que non teñen as mesas aspiracións. Iso cambiou un pouco coa primaveira árabe porque de pronto viamos a xente na rúa coma nós, pedindo dignidade, xustiza, liberdade…