O concello de Arteixo ven de recibir 604 peticións de axudas escolares para comedor e 394 para material escolar.
O Concello, unha vez rematado o prazo de recepción de solicitude de axudas ao estudo para o curso 2019/20120, recibiu 604 peticións para as becas de comedor e 394 para as axudas para a compra de material escolar
Estas axudas corresponden as liñas 1 (axudas para comedor) e liña 2 (axudas para adquisición de libros e material didáctico). O Concello adica a este fin un total de 260.000 euros.
Axudas para o comedor: alumnos de segundo ciclo de ensino infantil, ensino obrigatorio primario e secundario, bacharelato ou ciclos de grao medio de formación profesional que se cursen en centros sostidos con fondos públicos do término municipal.
Axudas para adquisición de libros e material didáctico: alumnado do nivel de educación infantil de centros sostidos con fondos públicos.
Todas estas axudas siguen uns baremos marcados según a renta dos interesados, que poderán verse compensados económicamente desde un
prezo de cero euros –en caso da axuda máxima no comedor, por exemplo- ata diferentes porcentaxes que irán desde o 20% ata o 100 aproximadamente do prezo destes servizos.
Os interesados, empadronados en Arteixo, poderán recibir información no departamento de educación municipal.