Los escritores distinguidos en la 29 edición del Certamen Manuel Murguía no pudieron disfrutar de la entrega presencial por las restricciones sanitarias ante el Covid-19
Los premios del Certamen Manuel Murguía ya tienen ganadores. Las distinciones se dan a conocer dentro del marco de la celebración del mes de las Letras Galegas. El contexto de lucha contra la pandemia del COVID-19, impidió disfrutar del acto presencial. Por ello, la Concellería de Cultura del Concello de Arteixo da a conocer el dictamen del jurado a través de distintos soportes de difusión.
Premiados no 29º Certame de Narracións Breves
O xurado composto por Alba Cid Fernández (representante da Asociación Galega da Crítica), Daniel Barral Calvo (gañador da 28ª edición), María Canosa Blanco (representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (director literario do Certame, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), reunido o 18 de abril de 2020, decidiu por maioría conceder os tres premios ás seguintes obras:
- 1º PREMIO dotado con 4.000 €: Silencios náufragos, presentado baixo o lema “Raqueiro” de Patricia Torrado Queiruga
- 2º PREMIO dotado con 1.500 €: O último día do Outono, presentado baixo o lema “Refugallo” de Esteban Brea Castro
- 3º PREMIO dotado con 600 €: A herdeira, presentado baixo o lema “Fluorescencia” de Alejandro Mene Pazos
Valoración do xurado
«O Xurado xustifica a súa decisión na procura de textos equilibrados, tanto na concepción dos personaxes coma na linguaxe empregada ou na dosificación da historia. Tamén valorou que os distintos escenarios temporais fosen coherentes e cribles. En xeral, o Xurado salienta a diversidade das obras gañadoras, que construíron propostas sólidas desde diferentes temáticas, xéneros e estilos.
Para finalizar, o Xurado tamén acha preciso recordar a importancia da corrección lingüística nas obras presentadas a calquera tipo de certame literario. Neste sentido, o Xurado tería desexado que moitas das obras contasen cunha corrección lingüística maior e por este motivo chama a atención das persoas participantes para dedicaren, no futuro, a máxima atención no uso da lingua.»
A Organización agradece un ano máis a presenza no xurado dun membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como outro da Asociación Galega da Crítica, feito que contribúe a alicerzar o rigor do Certame no contexto sistema literario galego.
Contactos
- Alfredo Ferreiro Salgueiro, director literario do Certame: 609 653 176
- SM de Cultura: 981 641 803/981 659 101
- SM de Cultura: 981 659 100