"Os nosos fillos ven porno"

Os nosos fillos ven porno. Ademais os estudos recollen que o alumnado accede cada vez máis pronto a contidos sexuais e pornográficos na rede.
porno arteixo educación nenas, nenas, xoves

"Os nosos fillos ven porno". Como actuar desde a familia?

Ainda hai pais e nais que botan as máns á testa. Pero "Os nosos fillos ven porno". O mércores dez de maio, a concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do Concello de Arteixo e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e do Centro de Formación e Recursos da Coruña, organiza entre as 18:00 e as 20:00 horas unha videoconferencia, enmarcada no ESPAZO EDUCA_ Creando Pontes

Ademais a conferencia está impartida por José Luis García, un recoñecido psicólogo e sexólogo, experto nos efectos do consumo de pornografía en menores e xoves, que durante máis de 30 anos traballou como psicólogo clínico e sexólogo no Goberno de Navarra.

Tamén informará e orientará ás familias do que poden facer para a prevención. Os estudos recollen que o alumnado accede cada vez máis pronto a contidos sexuais e pornográficos na rede.

Con esta inciativa dase continuidade ao ESPAZO EDUCA_ Creando Pontes. A idea é fomentar un espazo que axude a potenciar as relacións entre os diferentes membros das comunidades educativas dos centros de ensino do Concello de Arteixo, na liña de establecer canles de comunicación e diálogo
entre eles.

Aclarar que nesta edición, ao tratarse dunha videoconferencia non é necesario realizar inscrición previa. As persoas interesadas ten que conectarse á esta ligazón no momento da videoconferencia: https://eduxunta.webex.com/meet/cfrcoruna

Más en Arteixo