O Plan ReactivART-e que os socialistas levarán ao pleno de mañá, inclúe, ademáis da trasnformación dixital, unha axenda cultural nas parroquias para promocionar as zonas comerciais e potenciar aos artistas arteixáns
O Plan ReactivART que os socialistas levarán ao pleno de mañá, martes 29, conta cunha liña de actuación dirixida ao asesoramento e transformación dixital para as pemes e os comercios do municipio. Outra das vías que o PSdeG propón para facer fronte aos efectos económicos e sociais da Covid-19 en Arteixo, é a posta en marcha dunha programación cultural en todas as parroquias do municipio que potencia as zonas comerciais, así como aos artistas do municipio.
Ao respecto da transformación dixital, a moción socialista establece varios puntos que poderían axudar e mellorar a presenza online dos comerciantes, como son a formación gratuíta e online de mans de expertos, sobre contabilidade, contratación, fiscalidade ou marketing, para xerar coñecementos básicos.
Asesoramento na reorientación dixital de negocios, para apoiar as ventas in-store. Creación e cesión de espazos de trallo onde os autónomos e profesionais que o desexen poidan desenvolver o seu traballo dunha forma asumible e nun ambiente de networking. Demandar por escrito ás compañías de telecomunicacións a instalación de fibra óptica en réxime de libe competencia en aquelas zonas onde non exista. Asesoramento e axuda no cumprimento das medidas de seguridade a aqueles negocios que o soliciten.
Programación cultural
No referente á programación cultural, os socialistas defenden o deseño e execución de diferentes accións culturais nas parroquias do municipio, con especial énfase nas zonas comerciais, para aumentar o fluxo de visitantes e potenciais consumidores. Esta axenda serviría para potenciar aos artistas do municipio, ao facelos partícipes das diferentes accións culturais programas. Por último, propoñen o deseño e execución de concursos para promover proxectos sociais e culturais innovadores.
O Plan ReactivART-e será debatido no pleno de mañá. Este proxecto ten como obxectivo a creación de ferramentas para o mantemento e a reconstrución do tecido de pequenos negocios. Impulso do turismo coa creación e cumprimento –cun seguimento periódico- dun Plan Estratéxico para a Captación de Turistas e Visitantes ou bonos de fomento directo do consumo. Os socialistas propoñen un prazo de 30 días para sacar adiante un plan que tome como base o proxecto socialista, para melloralo a través do diálogo coas entidades e sectores implicados.