Un campamento de prensa dedicado a Picasso

campañamento nadal apc
photo_camera O campamento terá lugar os días 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro na Casa Picasso


A APC e o Concello coruñés organizan un campamento gratuito para nenos de 6 a 12 anos, dedicado á etapa coruñesa de Picasso.

A Asociación de la Prensa de La Coruña (APC), xunto co Concello da cidade e Casa Museo Picasso, propón para estas vacacións de Nadal un campamento dedicado a Pablo Picasso. No ano 2023 está prevista a conmemoración dos cincuenta anos do falecemento do artista. Picasso pasou parte da súa infancia na Coruña.

Dicir que os obradoiros están dirixidos a nenos de 6 a 12 anos. Desenvolveranse na Casa Picasso e son de carácter gratuito.

Ademais as actividades celebraranse os próximos días 23, 27, 28 e 29 de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00h, e o día 30 de 11:00 a 13:30h.

Tamen destacar que as prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. O contacto para participar ou obter máis información é [email protected].

Picasso neno

Picasso viviu na Coruña, de neno, durante cinco anos. Fontes da APC apuntan: "Aquí foi onde espertou o seu xenio creativo e realizó a súa primeira exposición. Nestes obradoiros inspirarémonos nas súas ocorrencias para desenvolver unha infinidade de actividades e técnicas creativas, e os asistentes poderán aprender máis sobre o propio Picasso, sobre a nosa cidade e sobre o seu desenvolvemento creativo".

Ademais apuntan "Durante a súa estancia na Coruña, Picasso elaboraba un xornal no que redactaba noticias que ilustraba cos seus debuxos, para contarlle á súa familia, que estaba en Málaga, o que lle ía ocorrendo. Faremos algo similar. Cada participante realizará o seu propio xornal, ao que dará́ nome, deseñará o título e dotarao de contidos".

Más en El Portal de la Infancia