Está de volta o Campamento de Nadal de Escolas Balonmán Xiria.
O campamento celebrarase do 27 de decembro ao 7 de xaneiro (agás festivos) nas instalacións do CEIP Fogar de Carballo.
O horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas está pensado para favorecer a conciliación familiar así como para promover un ocio activo e saudable para os pequenos e pequenas da casa durante as vacacións de Nadal. Unhas mañás de diversión nas que poderán facer actividades deportivas, obradoiros, multixogos e moitas máis actividades.
Ademáis, nesta nova edición, todos os participantes terán 1 agasallo sorpresa.
Protocolo de Hixiene
De xeito diario, adoptaranse unhas medidas de prevención e hixiene que serán de aplicación para todas as persoas que participen na actividade:
- Cumprir todas as medidas de prevención que estableza a entidade organizadora no seu protocolo.
- Coñecer e cumplir o protocolo da instalación onde se realice a práctica deportiva.
- Antes de entrar no espazo asinado, deberáse limpar as mans cos hidroxeles.
- As bolsas, mochilas ou efectos personais só se podrán deixar nos espazos habilitados para ese fin.
- Os/As deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares. Recoméndase marcar os envases utilizados para evitar confusións.
- Deberase utilizar máscara en todo momento.
- Sempre que sexa posible, os deportistas deberán manter a distancia de seguridade interpersoal durante a práctica deportiva.
- Non está permitido o uso dos vestiarios, habilitando unha zona para o cambio de zapatillas para o seu uso deportivo.
- Evitar lugares concurridos.
- Evitar en todo momento o saúdo con contacto físico.
- Utilizar panos desbotables e tiralos á papeleira, tras cada uso.
- Asegurarse de manter unha boa hixiene respiratoria. Eso significa cubrirse a boca e o nariz co cóbado flexionado ou cun pano desbotable ao toser ou estornudar. Neste caso, desbotar de inmediato o pano usado e lavar as mans.
- Lavar con frecuencia as mans con agua e xabón ou con xel hidroalcohólico.
- Na medida do posible, evitar tocar os ollos, o nariz e a boca e no caso de facelo, prestar atención ao lavado previo de mans.
- Realizar un auto test antes de ir cara a actividade deportiva, para confirmar se pode ter síntomas de COVID-19: Teño febre, tos ou falta de alento?
- ...
Máis info e inscricións na páxina web www.balonmanxiria.com/campamentodenadal/