A Asociación da Prensa da Coruña convoca campamentos infantís creativos na Casa Picasso.
Desde o sábado 18 ata finais de decebro, a Asociación da Prensa da Coruña (APC) colabora co concello da Coruña na posta en marcha dos campamentos infantís creativos que se levarán a cabo na Casa Picasso. Os talleres están dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos: As prazas son gratuitas ata completar o aforo máximo de doce nenos e nenas por quenda.
A incripción é por vía telemática; tamén a través do correo electrónico [email protected]. As prazas serán concedidas por orde cronolóxica de solicitude e a aceptación tamén será comunicada por correo electrónico.
Aclarar que as datas e horarios dos obradoiros, divididos en tres semanas diferenciadas son:
● Semana 1:
○ 18 de decembro: de 18.00 a 20.00 horas.
○ 19 de decembro: de 12.00 a 14.00 horas.
● Semana 2:
○ 21, 22 e 23 de decembro: de 11.30 a 13.30 horas; e de 18.00 a 20.00 horas.
● Semana 3:
○ 28 e 29 de decembro: de 11.00 a 13.30 horas; e de 18.00 a 20.00 horas.
○ 30 de decembro: de 11.00 a 13.30 horas.
Ademais as sesións constarán de dúas partes:
- a primeira, unha charla introdutoria sobre o Picasso coruñés, a cargo do xornalista e especialista Rubén Ventureira, biógrafo do pintor malagueño;
- a segunda, o propio obradoiro creativo, impartido por unha empresa especializada.
Pablo Picasso viviu na Coruña durante un lustro, entre os 9 e 13 anos. Foi na cidade herculina onde espertou o seu xenio creativo, tamén onde executou a súa primeira exposición de pintura. Deste modo, os campamentos infantís inspiraranse na obra e vida do artista na Coruña.