Alumnado do Maruxa Mallo celebra o seu congreso escolar polas igualdades

congreso igualdade alumnos e alumnas do ies maruxa mallo de ordes

VI Congreso Escolar polas igualdades, un proxecto do alumnado do IES Maruxa Mallo de Ordes.

Os días 8 e 9 de marzo, na Casa da Cultura de Ordes, o alumnado do IES Maruxa Mallo celebra o seu sexto congreso. Concíbese como un proxecto didáctico transformador que implica ao alumnado, e especialmente ás alumnas. Todos encárganse da organización e desenvolvemento dun encontro do que son protagonistas.

Así asumen responsabilidades e compromisos, ademais de ter unha experiencia de contido pedagóxico en materia de integración, cooperación e igualdade.

Para eles, o máis importante deste VI Congreso "é o feito de que son as alumnas (e algúns alumnos) as verdadeiras artífices do Encontro, cuxo contido é moi diverso: diferentes relatorios, centradas principalmente en cuestións de igualdade de xénero, igualdade racial e escravismo, diversidade de xénero e de opción sexual…; cancións, obras de teatro e performances, é dicir, un contido elaborado polas propias alumnas e polos propios alumnos".

Ademais, son as alumnas e alumnos) quen fai posible a realización do Congreso ao organizarse en diversas comisións, entre as que eles destacan: "contidos, a parte técnica ou a de comunicación". A traves da conta de instagram @congresoigualdade se transmite a organización do Congreso.


Tamén alumnos e alumnas engaden que "é un proxecto no que as alumnas e os alumnos asumen responsabilidades e compromiso, polo que pensamos que é unha experiencia da que aprender (esta é a VI edición do Congreso e antes celebramos varios Días da Muller cun contido semellante, polo que podemos afirmar isto coa debida perspectiva histórica). Como dicimos habitualmente, non é tan importante como quede formalmente o Congreso senón o que aprenden ao organizalo…".

Para finalizar, sentencian que "pódese afirmar que este Congreso é a culminación de máis de 10 anos traballando a igualdade, denunciando a violencia de xénero…, formando cidadanía crítica e comprometida".

Más en El Portal de la Infancia