II Encontro "Mocidade Voluntaria" en Oleiros

A directora xeral de Xuventude,
Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu ao II Encontro Mocidade
Voluntaria.
photo_camera A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu ao II Encontro Mocidade Voluntaria.

Política Social participa no II Encontro "Mocidade Voluntaria" en Oleiros.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu ao II Encontro "Mocidade Voluntaria", unha xornada para dar a coñecer as opcións de voluntariado na comarca. O evento contou coa participación de Organizacións Non Gobernamentais (ONG) e asociacións que traballan neste eido.

No Encontro, Cristina Pichel, salientou “o compromiso, colaboración e solidariedade” da mocidade galega”. Ao respecto, engadiu que “ser voluntario é unha cuestión de actitude”, que implica “estar comprometida coa contorna e cos demais”.

Durante a xornada, celebráronse faladoiros e mesas redondas nas que se explicaron proxectos de voluntariado e deuse información sobre as opcións que teñen ás mozas e mozos que queren dedicar unha parte do seu tempo aos demais.

Más en El Portal de la Infancia