As Mulleres de Insua organizan o III Certame de poesía e V de Debuxo infantil na XIV edición da Tasca do Liño
O 29 de outubro de 2022 terá lugar a celebración da XIV edición da Tasca do Liño, na parroquia vilalbesa de Insua. No marco desta festa popular, a Asociación de Mulleres do Rural de San Bartalomeu de Insua organiza a III edición do Certame de poesía e V de debuxo infantil baixo a temática "Insua e o liño".
O obxectivo destas actividades é fomentar, tanto en adultos coma nos máis pequenos, a recuperación e a posta en coñecemento da historia téxtil da parroquia de Vilalba. A través destes poemas e debuxos preténdese divulgar a figura do liño na comarca, o seu cultivo, as fías e o tecido do mesmo. Tamén interesa na plasmación destas obras a propia festa da Tasca do liño como marco xeral.
Mentres que a poesía está dirixida a maiores de idade, os protagonistas dos debuxos serán os máis pequenos da comarca. No ámbito da poesía poderán participar mozos e mozas de toda Galicia, mais os debuxos estarán restrinxidos a nenas e nenos da Provincia de Lugo. Os premios para os gañadores chegarán ata os 120€ para invertir en libros e material escolar (poesía e debuxo respectivamente).
Tanto os poemas como os debuxos poderanse entregar no apartado postal da Asociación ata o día 21 de outubro. Todos os proxectos serán presentados, gañadores ou non, o día 29 de outubro de 2022 na celebración da XIV Tasca do liño.
Sin embargo, para coñecer as bases de participación dos concursos, así como ao xurado dos mesmos, podedes botar unha ollada á páxina web das Mulleres do Insua, no seu Facebook.
E para seguir ao día das nosas novas, pincha aquí e segue lendo El Portal de la Infancia!