O concello da Laracha convida a participar en programa de intercambio a mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
O concello da Laracha convida a participar a mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos en programas xuvenís de intercambio en Venecia e Berlín.
Neste sentido, a inscrición está aberta ata o 31 de maio. Esta iniciativa é un dos resultados das relacións establecidas entre A Laracha e outros municipios e entidades de diversos países do continente no marco dos programas de irmandamento desenvolvidos a través de Europe for Citizens co financiamento da Unión Europea.
Para acudir a Berlín hai 7 prazas dispoñibles. O programa desenvolverase do 27 de xuño ao 6 de xullo baixo a organización do Distrito de Renickendorf. Entre as actividades a realizar, inclúense visitas ás cidades de Dresdren e Postdam, museos e ao teatro Friedrich Stadt Palast.
No caso de intercambio de Venecia, a organización será a cargo do Polo Tecnico Professionale de dita localidade italiana e desenvolverase do 2 ao 9 de xullo. Ademais de coñecer a cidade e outras localidades do seu entorno, visitaranse os puntos de interese máis importante e realizaranse actividades culturais. Hai 10 prazas dispoñibles para mozos laracheses.
Desde o Concello aclaran que en ambos casos, os participantes soamente deberán abonar 100 euros como cota de inscrición, facéndose cargo a organización dos gastos do aloxamento, manutención, desprazamentos no destino, entradas aos museos e todas as actividades que se leven a cabo.
A inscrición é exclusiva para empadroados no concello da Laracha e débese cubrir o formulario de inscrición dispoñible na web alaracha.gal. No
caso de que se rexistren máis solicitudes que prazas dispoñibles, faríase un sorteo público.