As axudas "Investigo" da Xunta de Galicia priorizan as ocupacións en economía circular e o emprego verde.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de 2023 da segunda edición do programa Investigo. A consellería de Promoción do Emprego e Igualdade busca a xeración de emprego xuvenil en Galicia no eido da investigación, a tecnoloxía e a innovación.
Para iso, destinará 9,1 millóns de euros para conceder apoios dirixidos á contratación de persoas menores de 30 anos desempregadas en:
- organismos de investigación e difusión de coñecementos,
- universidades públicas,
- centros tecnolóxicos,
- parques científicos
- entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro
- empresas que estean a investir en investigación e innovación
Contratación de menores de 30 años
As axudas da segunda edición da iniciativa, que poden solicitarse desde mañá, van destinadas a estes centros para a contratación por conta allea de mozas e mozos oscilarán entre os 22.405,92 e 33.108,84 euros por persoa, financiándose, en concreto, os custos laborais e salariais, incluíndo os gastos de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social.
Os contratos terán que contar cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa para o desenvolvemento e execución de iniciativas de investigación e innovación.
Priorizaranse as ocupacións referidas á economía circular e o emprego verde.
Previsións de contratacións
A previsión é que a través desta liña de axudas pódanse contratar a un mínimo de 277 mozas e mozos e un máximo de 409, en función dos módulos salariais a aplicar. Con esta medida, a Xunta segue a propiciar a inserción laboral das persoas mozas, mellorando a súa cualificación e outorgándolles a posibilidade de desenvolverse profesionalmente en ocupacións con alta demanda como o emprego verde e a economía circular.
Os programa Investigo forma parte dun plan máis amplo, o Emprega Xuventude, que a Xunta reeditará en 2023 con actuacións para o emprego dirixidas especificamente ás persoas máis novas e dotado con preto de 30 millóns de euros para beneficiar a uns 2.000 mozas e mozos.