Itinerarios escolares seguros e inclusivos

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, coa delegada de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard.
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
photo_camera A Coruña A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, manterá unha reunión coa delegada de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard. 09/09/2019 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

A Xunta de Galicia comprométese con Stop Accidentes a traballar por itinearios escolares seguros e inclusivos.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha reunión coa delegada de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard, á que lle trasladou o compromiso da buy steroids in the us Xunta de seguir traballando no impulso de itinerarios escolares seguros e inclusivos para os nenos e nenas en Galicia.

A Xunta xa puxo en marcha no ano 2017 un programa piloto no CPI José García de Mende, en Ourense, no que participaron 263 alumnos. O proxecto, que partiu dunha iniciativa de Stop Accidentes, consistiu na diagnose do contorno escolar e do seu viario para definir os percorridos dos alumnos dende a súa casa ata a parada do autobús ou os traxectos realizados a pé, por exemplo.

A partir deses datos, establecéronse as liñas para conseguir desprazamentos máis seguros. Ademais os rapaces desta escola recibiron charlas e participaron en actividades para mellorar a súa formación no eido de seguridade viaria.

Más en El Portal de la Infancia