Os Bolechas e a bruxa Befana están de xira

bolechas nadal 2022
photo_camera Na presentación da Xira estiveron: Antonio Couto responsable de Edicións Bolanda; Marta Fernández, responsable de Comunicación Corporativa e RSC da CRTVG; Xosé Luis Fernández, director de Comunicación de Gadis; e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística

Os Bolechas e a bruxa Befana chegan acompañados este Nadal para compartir vacacións coa cativada.

O 14 de decembro presentouse, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, a xira dos Bolechas para este Nadal 2022-2023.

Nesta ocasión virán acompañados da bruxa Befana, un personaxe típico de Nadal en Italia.

Ademais este ano a xira dos Bolechas, se desenvolve desde o 22 de decembro ata o 8 de xaneiro.

A bruxa Befana

A bruxa Befana é unha bruxa! Pero unha bruxa boa… moi, moi boa… molto buona!, din os que a coñecen. Tamén é a encargada de levarlles doces e xoguetes ás nenas e nenos italianos, pero que este ano desviouse do seu camiño para acabar na casa dos Bolechas.

Datas e vilas

  • 22 DE DECEMBRO
    VILAGARCÍA DE AROUSA
    Auditorio Municipal: 19 h
     
    23 DE DECEMBRO
  • TRAZO
    Centro Social Polivalente: 17 h
     
    29 DE DECEMBRO
    PADRÓN
    Auditorio Municipal: 18 h
     
    30 DE DECEMBRO
    REDONDELA
    Multiúsos da Xunqueira: 18 h
     
    3 DE XANEIRO
    VIANA DO BOLO
    Casa da Cultura: 18 h
     
    4 DE XANEIRO
    ABADÍN
    Salón de actos do Concello: 16.30 h
     
    7 DE XANEIRO
    FOZ
    Sala Bahía: 18.30 h
     
    8 DE XANEIRO
    SANTA COMBA
    Auditorio - Edificio multiúsos: 17.30 h

Más en El Portal de la Infancia