A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, destacou este mes de outubro na Coruña a necesidade de sensibilizar aos máis novos para que coñezan a importancia do comercio de proximidade e os seus valores, ao tempo que agradeceu o importante labor que desenvolven neste ámbito as asociacións de comerciantes
A directora xeral participou na entrega de premios do certame de vídeo Os pequenos co pequeno comercio, organizado pola Federación de Comercio da provincia da Coruña e que conta coa colaboración da Xunta. Nesta iniciativa participaron nenos e nenas de entre 12 e 13 anos de toda a provincia, e outorgáronse aos mellores traballos un total de 20 premios de entre 100 e 300 euros en tarxetas agasallo para ser utilizadas nos comercios de proximidade.
O respaldo ao asociacionismo comercial, no que se enmarca o apoio a esta actuación, é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia.