Prevención da violencia sexual dixital entre as mulleres e nenas con discapacidade

prevención violencia sexual dixital mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza en Santiago de Compostela coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar)

Para avaliar os programas que a entidade desenvolve co apoio autonómico. Así, na xuntanza púxose en valor a edición da terceira guía para a prevención da violencia sexual dixital que publicou o colectivo, co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, dirixida ás mulleres e nenas con discapacidade.

López Abella lembrou que Acadar, da man da Xunta, é pioneira na elaboración de material didáctico que proporcione ferramentas ás nenas e mulleres para a identificación e prevención de situacións de violencia. Deste xeito, este terceiro caderno didáctico pretende ser un importante apoio para recoñecer a violencia sexual dixital e poder levar a cabo unha tarefa de sensibilización. Outra das iniciativas que se abordou na reunión foi o servizo Dedaleira de Acadar, especializado en información e asesoramento afectivo-sexual destinado a este colectivo co obxectivo, entre outros, de previr a violencia sexual.

Más en El Portal de la Infancia