A Charla coloquio celébrase no salón de actos do Centro Cívico Palavea, entre as 11:30 eas 14:00 horas.

26 na Coruña: sexualidade en Manaia

Obradorio de Sexualidade na Coruña
photo_camera Obradorio de Sexualidade na Coruña

A Asociación galega de adopción Manaia presenta, o sábado 26 de xaneiro en A Coruña, a actividade "Diálogo entre familias arredor dos contidos da sexualidade", enmarcada no "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas".

A Charla coloquio celébrase no salón de actos do Centro Cívico Palavea, entre as 11:30 eas 14:00 horas.

A cargo da sesión está Débora Baz Rodríguez, graduada Social na Uvigo e experta en Sexualidade Humana pola UNED. É Socia fundadora e Directora de AMATURI Gabinete de Formación Sexual especializado na discapacidade intelectual, na investigación da sexualidade e na elaboración de materiais pedagóxicos específicos.

Xantar picnic
Entre as 14:00 eas 16:30 horas, no Centro Cívico, haberá un Xantar/Picnic onde compartiranse os alimentos que cada quen teña a ben levar.

A continuación haberá un obradoiro donde se plantexa un espazo para a reflexión e a aprendizaxe grupal onde entender a sexualidade como algo mais aló da xenitalidade, incluíndo nela o amor, a afectividade, a corporeidade, a procura do pracer, etc.

Ofrécese servizo de ludoteca de balde de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 ([email protected]) . As actividades están abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de Manaia.

Desde Manaia din que: "As fillas/os reciben a influencia da cultura sexual da súa familia e o desenvolvemento puberal da/o adolescente é acollido con grande ansiedade. O medo a non saber qué nin cómo responder, a propia moral de cada familia e as moitas lagoas que se acumulan arredor da sexualidade das nosas fillas/os fai que en moitos casos, ante a aparición dunha conduta de tipo sexual, a resposta máis frecuente sexa a de reprimir, minimizar, obviar ou anular dita conduta.

A familia debe de transmitir aqueles valores que considera axeitados, pero coa salvedade de ter en conta os cambios sociais e de actitudes que se están a producir, e sempre dende o respeto cara a identidade das fillas/os, que non ten que coincidir co modelo familiar.

Nesta xornada de traballo imos propoñer as seguintes abordaxes: A sexualidade dende a identidade, os afectos e o pracer. A construcción sexual da persoa. Revisión dos propios valores e actitudes da familia ante a sexualidade. Consenso do grupo nalgúns criterios guía sobre os apoios á construcción sexual dos fillos e fillas dende a familia".

Más en El Portal de la Infancia