O concello impulsa desde o CIM, programas de prevención sobre a violencia de xénero nos adolescentes
“Violencia de xénero e o novo contexto dixital” é o nome do obradoiro educativo que se imparte nos IES do concello de Arteixo. O personal técnico do Centro de Atención a Muller (CIM) local e a propia concelleira de Servicios Sociales, Inés Ramos, visitaron o IES Manuel Murguía de Arteixo. Alí Impartiuse a capacitación nas aulas de 1º de Bacharelato. Esta actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, realizouse con anterioridade no IES de Sabón e ten como obxectivo a prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital. O objetivo é ofrecer medidas para previr conflitos e adquirir competencias en materia de igualdade.
Aplicación dixital
Este tipo de accións formativas son parte de un programa de concienciación entre a xuventude de Arteixo sobre a violencia de xénero. Ademáis, ten en outras ferramentas a posta en marcha da aplicación dixital Conecta CON SENTIMENTO. Trátase dunhe APP con información e recursos acerca da violencia de xénero dirixida principalmente á xuventude de Arteixo. Pode ser descargada nas plataformas de iOS e Android.
O obxectivo desta aplicación é a abordaxe e a detección de indicadores de abuso nas relacións de parella, dos mitos do amor romántico e da importancia de manter relacións igualitarias e libres de machismo. Así mesmo, permite que a rapazada poida analizar de xeito anónimo ás súas relacións de parella e tirar as oportunas conclusións. Dispón dun apartados de suxestións e consultas directas co CIM que serán tratadas de xeito totalmente confidencial. Conta tamén cun apartado onde se recollen os outros recursos aos que acudir no caso de ser preciso.
Atención a menores no CIM
O Centro de Información ás Mulleres de Arteixo tamén iniciou recentemente un Programa de Atención a Menores que viven situacións de violencia de xénero. O mesmo vai dirixido a familias usuarias do CIM e contempla:
- A atención ás mulleres de maneira individual e grupal
- A atención individual a fillos e fillas.
Deste xeito, tratase de dar resposta á necesidade de intervención psicolóxica cas nenas e nenos que viven ou viviron violencia de xénero nas súas familias. Dado o impacto que esto causa no seu benestar, o servizo cónta cunha psicóloga especialista na atención a menores vítimas.