A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) principia hoxe a campaña "Sumate ao noso equipo" que abrangue os meses de xuño a setembro
“Súmate ao noso equipo” á campaña que ADOS abrangue os meses de xuño a setembro e que ten como principal obxectivo obter entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias. Esta cifra é constante todos os días do ano. Coas doazóns obtidas garántese o axeitado desenvolvemento do intenso labor dos hospitais galegos grazas á xenerosidade de toda a cidadanía.
Con esta campaña de verán, a máis longa de todas cantas realiza a axencia, tentase chegar a meirande parte dos concellos de Galicia e aproximar o solidario xesto da doazón. Ademais, ADOS mantén operativos os seus sete locais de atención permanente nas sete grandes cidades galegas para, deste xeito, ofrecer o mellor servizo a todos os doantes de sangue. Eles son:
Excelente participación
Desde ADOS salientar que, a pesar das dificultades existentes o pasado ano marcado pola pandemia sanitaria da COVID 19, Galicia situouse como a terceira Comunidade Autónoma en índice de doazón. Foron 39 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano superando amplamente a media de doazón estatal. Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere salientar a importancia de doar durante o período estival. Isto é porque os meses de verán, debido principalmente á
deslocalización dos doantes habituais, ofrece dificultades engadidas para o axeitado desenvolvemento das campañas de doazón de sangue e non diminúe a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios galegos.
Salientar que, ao longo da presente semana, efectuaranse os seguintes desprazamentos: