“Chama, fala. O 061 escoita”

“Chama, fala. O 061 escoita”. O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, e o director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Flores Arias, presentaron o mércores 9 de outubro, na Consellería de Sanidade, este programa: , enmarcando dentro das medidas para a mellora da atención e a prevención da conduta suicida, recollidas dentro do Plan de Prevención do Suicidio en Galicia.

Esta iniciativa, priorizada polo Consello Interdepartamental para a prevención do suicidio, establece o 061 como número de referencia para a atención das persoas que amosen ideación ou conduta suicida.

Ademais este programa é o resultado dunha colaboración interdisciplinar entre a Consellería de Sanidade, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Atención Primaria e Atención Especializada de Saúde Mental.

No caso de que a persoa presente unha conduta suicida, é dicir, desenvolva comportamentos autolíticos, como intoxicacións ou lesións físicas, os facultativos da Central de Coordinación do 061 de Galicia mobilizarán o recurso máis axeitado para que se desprace ata o lugar no que se atope o paciente, poida avaliar o seu estado e realice o traslado ao centro hospitalario correspondente, no que recibirá atención especializada.

Naqueles casos nos que o paciente amose unha

ideación suicida, os médicos da Central de Coordinación do 061 confirmarán a

localización do paciente, constatarán se se atopa só ou con outras persoas e

valorarán o risco de conduta suicida (grave, moderado ou leve).

O procedemento presentado contempla que, trala valoración dun facultativo, se o risco de suicidio estimado é baixo, e a persona conta con factores de protección, poida ser derivada directamente a través dunha vía rápida de consulta aos servizos especializados de saúde mental.

O suicidio é unha conduta que pode previrse

Os principais obxectivos do Plan son a redución da taxa de suicidio e a diminución do sufrimento das persoas que presentan un intento de suicidio e das súas familias. Ademais, a posta en funcionamento do plan permitirá aumentar a coordinación entre institucións e axentes implicados; incrementar a sensibilización e a concienciación da sociedade sobre o suicidio como un problema de saúde; mellorar a atención ás persoas que presentan conduta suicida e aos seus familiares e, por último, fomentar a investigación e o coñecemento da conduta suicida na Comunidade galega.

Para levar a cabo a supervisión da execución

do Plan de prevención do suicidio en Galicia e coordinar as medidas,

constituíuse unha Comisión Interdepartamental, da que forman parte

representantes das entidades sen ánimo de lucro que traballan no eido da saúde

mental e administracións públicas con competencias en materia de educación,

servizos sociais, o Instituto de Medicina Legal de Galicia, a Dirección Xeral

de Emerxencias e Interior, así como diferentes departamentos da Consellería de

Sanidade.

O Plan de prevención do suicidio de Galicia compromete a todas as institucións públicas implicadas na abordaxe da conduta do suicidio e crea instrumentos de coordinación entre elas para mellorar a súa prevención. Así, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 constitúese, a través do teléfono 061, como servizo encargado de coordinar o procedemento de prevención do suicidio no ámbito extrahospitalario por medio dun procedemento de actuación baseado na detección precoz daquelas persoas con risco de suicidio. “Chama, fala. O 061 escoita”

Más en Salud y Medicina Hoy