Galicia requeriría unha inversión de 47,3 millóns de euros para garantir o comedor gratuito ao alumnado en risco de pobreza e exclusión.
A ONG de infancia Educo publica O informe "O Comedor escolar. A visión das familias" é unha enquisa representativa á familias de toda España e de Galicia na que se analiza á súa percepción no que se refire ao acceso ao comedor e espazo de mediodía en escolas públicas de primaria. A ong Educo ofrece, neste traballo, datos de interese para á infancia.
Na actualidade, segundo os datos estatísticos dispoñibles, o 49% do alumnado galego de educación primaria acode ao comedor escolar.
Ademais, no caso dos fogares con rendas mais altas, a asistencia diaria ao comedor sitúase nun 48,58% mentres que os de rendas máis baixas alcanzar o 56,25%. Tamén desta consulta extráese o dato de que mais do 90% das familias enquisadas apoia a disposición de prazas para todo o alumnado independentemente do seu nivel de renda.
Ao mesmo tempo, en canto aos recursos económicos para pagar o comedor escolar, o 50,8% das familias consultadas afirma que precisa de algún grao de axuda para poder facer fronte ao custo do comedor, sen embargo, tan so o 32,1% solicitou unha bolsa.
Lembrar que unha educación equitativa implica que tódolos nenos e nenas deban desfrutar das oportunidades educativas, alimentarias e socias que debe ofrecer o comedor e o espazo de mediodía escolar para garantir su desenvolvemento e benestar.
Educo
Desde Educo alertan sobre a elevada porcentaxe que responde que non solicitaron a bolsa porque non saben como facelo (15,5%), este porcentaxe aumenta nos fogares con rendas baixas ata o 18,75%.
Unha posible causa podería ser unha inadecuada comunicación ou a falta de accesibilidade da información, o que estaría a engadir unha nova barreira e a incrementar a súa vulnerabilidade. Deste modo, os datos parecen indicar que non todas as familias que poderían necesitar unha bolsa de comedor a este a recibir. “É preocupante que existan familias que non saben como iniciar os trámites para solicitar unha bolsa comedor. Estes son procesos que levan moitos anos de funcionamento e, sen embargo, seguen sendo descoñecidos para unha parte da poboación que podería beneficiarse” expón Mónica Viqueira, delegada territorial de Educo en Galicia.
O comedor gratuito, un espazo de garantías
Tamén os resultados da enquisa mostran que, en xeral, as familias perciben o comedor como un espazo con garantías, de boa alimentación, coidado e bo trato. Ademais, é moi importante para ás familias como elemento de conciliación da vida familiar e laboral, permitindo dispor dun tempo para o emprego ou os coidados.
A pesar da lectura xeral positiva na comunidade galega en canto a cobertura e alcance do sistema de bolsas, aínda queda marxe de mellora.
Así, no marco de aprobación dos orzamentos 2023 para Galicia, dende Educo estase a solicitar o aumento da inversión: “A enquisa mostra que as familias están interesados en levar aos seus fillos e fillas ao comedor e que, se non o fan, principalmente e porque non contan cos recursos económicos para facelo. O debate dos orzamentos xerais autonómicos é o marco idóneo para comprometerse con esta demanda e facela efectiva” afirma a delegada de Educo en Galicia.
Segundo as estimacións da organización, Galicia requeriría unha inversión de 47,3 millóns de euros para garantir o comedor gratuito ao alumnado en risco de pobreza e exclusión.
En España, as bolsas comedor deixan fóra á metade das familias
Os resultados da enquisa a nivel estatal mostran que actualmente o 43% das familias leva a diario aos seus fillos e fillas ao comedor escolar e un 12% faio de maneira puntual. No caso dos fogares con rendas máis altas, a asistencia diaria ao comedor alcanza o 50% mentres que nos de rendas baixas descende ao 36%. Dos datos despréndese que o factor económico é moi importante. De feito, se o comedor fose gratuíto, 3 de cada 4 familias levarían aos seus fillos e fillas.
Outro dato para destacar é que o 30,3% das familias pediron unha bolsa comedor pública porque consideraban que a necesitaban. Con todo, case a metade destes fogares non recibiron este apoio económico. Namaioría das ocasións denegóuselles a axuda pública ao superar o baremo máximo de renda que se indica na solicitude das bolsas.
Aclarar que a ong Educo tamén alerta da elevada porcentaxe de familias en España que non pediron a bolsa porque o fixeron fóra de prazo (4,6%) ou porque non sabían como solicitala (9,5%). Neste último caso, a porcentaxe pasa de máis do 9,5% ao 13,5% cando se trata de familias con rendas baixas.