A Axencia de doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía a doar sangue nesta fin de semana, en especial ás persoas do grupo cero negativo. As reservas desta sangue se atopan en niveis baixos.
ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue, e conseguir entre 400 e 500 doazóns diarias, que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para que os hospitais galegos desenvolvan o seu labor asistencial.
Doar é sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue.
Neste sentido, a doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.
As unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitan estes días, máis de 40 concellos galegos, para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
Sábado 26 de agosto
Fene, Cantón-Obelisco (A Coruña), Rianxo, Vilagarcía, Tui, A Pastoriza, Riotorto
Luns 28 de agosto
San Sadurniño, Bo Os Mallos (A Coruña), Coristanco, Bembibre (Val do Dubra), Melide, Portas, Meis, O Rosal, Zona As Travesas (Vigo), Xermade, Xove, Rúa do Paseo (Ourense), Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar
Teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
- HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
- Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
- Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
- HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
- Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
- Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
- HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
- Luns das 15.00 ás 22.00 horas
- Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
- Venres das 8.00 ás 22.00 horas
- HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
- Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
- Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
- HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
- Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas
- Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
- HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
- Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
- Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
- HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
- Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
- Sábados das 8.00 ás 15.00 horas