Recomendacións frente ao mosquito tigre

Frente ao mosquito tigre promóvese a descarga da aplicación móbil Mosquito Alert coa que facer chegar fotografías para o seu estudo por parte dos...
mosquito tigre arteixo

O comité técnico do mosquito tigre ven de celebrar a súa primeira reunión coa finalidade de controlar a poboación desta especie.

Para evitar a picadura do mosquito tigre, aconséllase:

  • o uso de repelentes específicos que se poden atopar nos listados de produtos autorizados polo Ministerio de Sanidade e pola Axencia Española do Medicamento
  • vestir con manga e pantalóns largos e calzado pechado
  • colocar mosquiteiros en portas e ventás

As picaduras poden ser molestas e poden producir reaccións alérxicas de certa gravidade.

Neste sentido, o comité técnico do mosquito tigre ven de celebrar, o 11 de agosto, a súa primeira reunión coa finalidade de controlar a poboación desta especie identificada na localidade de Moaña a través da plataforma cidadá Mosquito Alert. Esta plataforma conta coa colaboración de: a Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec), integrada polas Consellerías de Sanidade e Medio Rural, ademais das Universidades de Santiago de Compostela e Vigo.

Saúde Pública

Na xuntanza asistiron profesionais da Dirección Xeral de Saúde Pública do ámbito da epidemioloxía e sanidade ambiental, investigadores expertos en entomoloxía da USC e Uvigo, profesionais da área de Gandaría da Consellería do Medio Rural, representantes de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, do 112-Galicia, da área sanitaria de Vigo e da xefatura territorial de Sanidade, da Delegación do Goberno en Galicia e do Concello de Moaña como municipio implicado.

Nela, tras a confirmación por parte dos entomólogos da aparición de oito exemplares de mosquito tigre, decidiuse aumentar o número de trampas para concretar en Moaña a zona onde está presente actualmente.

Mosquito Alert

No que atinxe a evitar a proliferación do mosquito Aedes albopictus, a forma mais efectiva é evitar a posta de ovos e o crecemento das larvas. Por iso, débense eliminar puntos de auga estancada como bebedeiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie ou embarcacións. Debe procederse simplemente ao seu baleirado ou renovación da auga cada 4-5 días. Polo tanto, zonas como lavadoiros ou fontes con auga corrente non constitúen un punto de proliferación de mosquito tigre.

A maiores, para continuar coa colaboración científica e que sexan especialistas en entomoloxía quen confirmen a presenta ou non de máis exemplares de mosquito tigre, promóvese a descarga da aplicación móbil Mosquito Alert coa que facer chegar fotografías para o seu estudo por parte dos investigadores.

Más en Salud y Medicina Hoy