Un equipo de estudantes e egresados en Comunicación Audiovisual, Publicidade, Belas Artes, Telecomunicación e Informática crearon "Retorno Arnoia" un prototipo de videoxogo
Ademais o videoxogo está inspirado na novela "Arnoia, Arnoia" de Xosé Luís Méndez Ferrín. Ademais o prototipo emprega mecánicas de videoxogos de plataformas como o "Super Mario". Deste xeito, o protagonista ten que superar diferentes obstáculos e inimigos en cada nivel.
Residencia COMTECART
A Cidade da Cultura acolleu o 14 de xullo a presentación deste traballo, resultado desta experiencia realizada polo alumnado na Universidade de Vigo na primeira residencia artística enfocada á creación dixital impulsada de maneira conxunta pola Xunta de Galicia e a institución viguesa.
Aclarar que a Residencia Arnoia é a primeira residencia que integrou perfís diversos, desde o artístico ao tecnolóxico, nun equipo que traballou ao unísono para dar forma a un proxecto cultural. Tamén que é a primeira vez que a Xunta de Galicia colabora coa Universidade de Vigo no ámbito das artes dixitais e os videoxogos, que impulsou o anterior vicerreitor do Campus Universitario de Pontevedra, Jorge Soto. Neste sentido o obxetivo é apoiar o talento e dar visibilidade á creación contemporánea
Un clásico da literatura galega
Do mesmo xeito que o protagonista da novela, Nmógadah, é apresado pola tribo min dos Grou e obrigado a cavar para atopar a Trabe de Ouro dos Profundos, o protagonista do videoxogo debe buscar o seu propio camiño no interior dunha mina na que agardan tesouros e perigos. Mentres, o xogador, vai descubrindo en paralelo as motivacións do protagonista. Escoller entre ir cara arriba ou cara abaixo influirá na historia que coñecerá durante a súa experiencia de xogo.