Estrela Iglesias: «Precisamos dunha mocidade combativa, reivindicativa e loitadora»

A histórica política arteixá reclama unha mobilización da mocidade para continuar avanzando en dereitos sociais como a igualdade de xénero.

Estrela Iglesias, destacada política arteixá da transición local.
photo_camera Foto de Estrela Iglesias.

Dirixente histórica. Comprometeuse coa vida pública durante os primeiros anos da democracia en noso municipio. A súa mirada retrospectiva é necesaria para comprender a situación política actual. A súas palabras de alento á mocidade continúan sendo imprescindibles para as loitas sociais.

Cando comezaches a sentir interese pola política? Eu entrei na política despois de estar traballando no movemento veciñal. Non estaba adscrita a ningún partido mais si estaba moi involucrada con decisións que consideraba que eran boas para axudar a Arteixo. Cando chegaron as eleccións, a Asamblea Popular Galega decidiu poñorme de número un pola miña capacidade dialéctica e por ser galegofalante. Fumos ás eleccións e dende aí vinme involucrada en política sen ser moi consciente de todo o que era a ciencia política. Nos concellos, naquel momento, a política era máis cuestións administrativas que outra cousa.

Como foi o paso da política vocacional á profesional? A primeira lexislatura foi un período de moita loita. Nos sabiamos os problemas dos veciños porque estabamos con eles antes de entrar nas institucións. Foi unha etapa de moito enfrontamento. Nas institucións enterábaste de todo. A miña familia non lle gustou moito a idea polo medo que había aínda as represalias da guerra civil.

Sintes que a política prexudicou a túa vida persoal? Eu fixen unha vida normal como calquera moza. Si é certo que en Santiago de Compostela os estudantes tiñan a oportunidade de facer unha vida máis moderna. Eu mocei o que puiden. Ao mellor senón estivese tan involucrada na política creo que houbera tido máis interese por ter unha familia estable. Eu notaba que de moza os rapaces tiñan reparo a estar conmigo por estar no concello. Incluso persoas que se consideraban progresistas tiñan ese reparo ou respecto por acercarse a unha muller que facía política.

Que lle dirías a unha moza con interese na política? Que hai que participar nela. O que pasa é que a xuventude de hoxe en día non se parece en nada a xuventude da miña xeración. Hoxe a concepción que se ten na política é moi institucional, casi casi como un profesion. Non creo que haxa a loita de base que debería de haber. Precisamos dunha xuventude loitadora, combativa e reinvicativa.

Pódese ver a entrevista completa AQUÍ.